Novas

CONCURSO DE POSTAIS NADAL-2025

A partir do luns 24 de novembro e ata o sábado 13 de decembro, as nenas e nenos entre os 3 e os 14 anos (sexan ou non usuarios das instalacións) poden presentar unha postal de Nadal para o concurso que realizamos na Piscina Municipal.

A nena ou neno que presenten a postal gañadora recibirá un lote de material deportivo, e a súa postal será utilizada para felicitar ós usuarios das instalacións.

Consulta as bases do concurso e anímate a participar

ACTIVIDADES DIRIXIDAS EN SECO

A oferta de actividades dirixidas en seco durante a temporada 25-26 é a seguinte:

  • G.A.P: Luns ás 18.35, mércores ás 19.20, venres ás 19.20 h
  • ADESTRAMENTO FUNCIONAL: Martes e xoves ás 19.15
  • ZUMBA: Luns 19.15 E MÉRCORES ÁS 18.15 h
  • PILATES MAÑÁ: Martes e xoves ás 10-45 h
  • PILATES TARDE: Martes ás 17.00 e moves ás 20.45 h

As actividades de G.A.P. e Adestramento funcional non  teñen coste: podes participar libremente (podes inscribirte dende 1 h antes na recepción)

RESERVA DE PRAZAS CURSOS TEMPORADA 2.025-26

CURSOS DE XULLO E AGOSTO-25:

O luns 16 de xuño ábrese o período de matrícula para os cursos e actividades de verán (xullo, agosto e setembro de 2.025)

CURSOS DE SETEMBRO-25:

Dende o luns 16-06-25. Os inscritos para os cursos de setembro terán prioridade na escolla de horário para o mes de outubro e para o resto do curso.

CURSOS TEMPORADA 25-26 (DENDE OUTURBO-25):
Apertura do prazo de inscripción: 18-08-25.

A oferta inclúe cursos e actividades para nenos e adultos.

CONCURSO POSTAIS DE NADAL 2024

A partir do luns 25 de novembro e ata o sábado 14 de decembro, as nenas e nenos entre os 3 e os 14 anos (sexan ou non usuarios das instalacións) poden presentar unha postal de Nadal para o concurso que realizamos na Piscina Municipal.

A nena ou neno que presenten a postal gañadora recibirá un lote de material deportivo, e a súa postal será utilizada para felicitar ós usuarios das instalacións.

Consulta as bases do concurso e anímate a participar

ZUMBA KIDS

Prsentamos unha nova actividade para a temporada 24-25 que comenzará no mes de outubro: ZUMBA-KIDS
Zumba kids é unha actividade deseñada especialmente para os máis pequenos, combinando exercicios físicos con movementos de baile ó ritmo da música máis divertida.
A actividade axudará @s participantes a manterse activos realizando actividade física, a desenvolver as habilidades sociais, a mellorar a coordinación e o equilibrio e a potenciar a autoestima e confianza.
As sesións terán unha duración de 40 minutos.
Podes informarte e inscrivirte na recepción.

PECHE TÉCNICO AGOSTO

As instalacións permanecerán pechadas a semana do 12 ó 18 de agosto (inclusive) para a realización de obras e outras tarefas de mantemento.
O día 19 abrirase o prazo de inscripción para os cursos e actividades da temporada 2.024-25 para aqueles que non se inscribiron nas actividades de xullo, agosto e setembro.

PRAZOS DE INSCRIPCIÓN CURSOS VERÁN-24

Nas datas indicadas realizarase a apertura dos prazos de inscripción para os cursos e actividades do verán de 2.024 e da temporada 2.024-25

-CURSOS DE XULLO-AGOSTO-24: Apertura de prazo de inscripción: 03-06-24

-CURSOS DE SETEMBRO-24:Apertura de prazo de inscripción: 03-06-24
Os inscritos para setembro terán prioridade na
escolla de horario para outubro e o resto do curso

-CURSOS DENDE OUTUBRO E TEMPORADA 24-25: Apertura de prazo de inscripción: 19-08-24

ACTIVIDADE DE ZUMBA

Dende o mes de abril iniciaremos unha actividade nova e emocionante: ZUMBA
Prepárate para mover o corpo ó ritmo da música mentres acadas os teus obxectivos de condición física e te divirtes ó máximo.
A actividade realizarase os luns e mércores ás 19.15 h
Infórmate na recepción.

ACTIVIDADE DE IOGA

No mes de abril comenzará unha nova actividade en seco: Ioga

Unha actividade que te axudará a conectar corpo e mente. Unha combinación de actividade física e control postural ca que mellorar a alineación corporal, a flexibilidade e a respiración.

Os martes e xoves ás 20.45 h

Infórmate na recepción.