CONCURSO DE POSTAIS NADAL-2025

A partir do luns 24 de novembro e ata o sábado 13 de decembro, as nenas e nenos entre os 3 e os 14 anos (sexan ou non usuarios das instalacións) poden presentar unha postal de Nadal para o concurso que realizamos na Piscina Municipal.

A nena ou neno que presenten a postal gañadora recibirá un lote de material deportivo, e a súa postal será utilizada para felicitar ós usuarios das instalacións.

Consulta as bases do concurso e anímate a participar

ACTIVIDADES DIRIXIDAS EN SECO

A oferta de actividades dirixidas en seco durante a temporada 25-26 é a seguinte:

  • G.A.P: Luns ás 18.35, mércores ás 19.20, venres ás 19.20 h
  • ADESTRAMENTO FUNCIONAL: Martes e xoves ás 19.15
  • ZUMBA: Luns 19.15 E MÉRCORES ÁS 18.15 h
  • PILATES MAÑÁ: Martes e xoves ás 10-45 h
  • PILATES TARDE: Martes ás 17.00 e moves ás 20.45 h

As actividades de G.A.P. e Adestramento funcional non  teñen coste: podes participar libremente (podes inscribirte dende 1 h antes na recepción)

RESERVA DE PRAZAS CURSOS TEMPORADA 2.025-26

CURSOS DE XULLO E AGOSTO-25:

O luns 16 de xuño ábrese o período de matrícula para os cursos e actividades de verán (xullo, agosto e setembro de 2.025)

CURSOS DE SETEMBRO-25:

Dende o luns 16-06-25. Os inscritos para os cursos de setembro terán prioridade na escolla de horário para o mes de outubro e para o resto do curso.

CURSOS TEMPORADA 25-26 (DENDE OUTURBO-25):
Apertura do prazo de inscripción: 18-08-25.

A oferta inclúe cursos e actividades para nenos e adultos.