Prsentamos unha nova actividade para a temporada 24-25 que comenzará no mes de outubro: ZUMBA-KIDS
Zumba kids é unha actividade deseñada especialmente para os máis pequenos, combinando exercicios físicos con movementos de baile ó ritmo da música máis divertida.
A actividade axudará @s participantes a manterse activos realizando actividade física, a desenvolver as habilidades sociais, a mellorar a coordinación e o equilibrio e a potenciar a autoestima e confianza.
As sesións terán unha duración de 40 minutos.
Podes informarte e inscrivirte na recepción.