Prsentamos unha nova actividade para a temporada 24-25 que comenzará no mes de outubro: ZUMBA-KIDS
Zumba kids é unha actividade deseñada especialmente para os máis pequenos, combinando exercicios físicos con movementos de baile ó ritmo da música máis divertida.
A actividade axudará @s participantes a manterse activos realizando actividade física, a desenvolver as habilidades sociais, a mellorar a coordinación e o equilibrio e a potenciar a autoestima e confianza.
As sesións terán unha duración de 40 minutos.
Podes informarte e inscrivirte na recepción.
Autor: Administrador
PECHE TÉCNICO AGOSTO
As instalacións permanecerán pechadas a semana do 12 ó 18 de agosto (inclusive) para a realización de obras e outras tarefas de mantemento.
O día 19 abrirase o prazo de inscripción para os cursos e actividades da temporada 2.024-25 para aqueles que non se inscribiron nas actividades de xullo, agosto e setembro.
PRAZOS DE INSCRIPCIÓN CURSOS VERÁN-24
Nas datas indicadas realizarase a apertura dos prazos de inscripción para os cursos e actividades do verán de 2.024 e da temporada 2.024-25
-CURSOS DE XULLO-AGOSTO-24: Apertura de prazo de inscripción: 03-06-24
-CURSOS DE SETEMBRO-24:Apertura de prazo de inscripción: 03-06-24
Os inscritos para setembro terán prioridade na
escolla de horario para outubro e o resto do curso
-CURSOS DENDE OUTUBRO E TEMPORADA 24-25: Apertura de prazo de inscripción: 19-08-24
ACTIVIDADE DE ZUMBA
Dende o mes de abril iniciaremos unha actividade nova e emocionante: ZUMBA
Prepárate para mover o corpo ó ritmo da música mentres acadas os teus obxectivos de condición física e te divirtes ó máximo.
A actividade realizarase os luns e mércores ás 19.15 h
Infórmate na recepción.
ACTIVIDADE DE IOGA
No mes de abril comenzará unha nova actividade en seco: Ioga
Unha actividade que te axudará a conectar corpo e mente. Unha combinación de actividade física e control postural ca que mellorar a alineación corporal, a flexibilidade e a respiración.
Os martes e xoves ás 20.45 h
Infórmate na recepción.
PABLO LORENZO GAÑADOR DO CONCURSO DE POSTAIS NADAL-23
Pablo Lorenzo Franco foi o gañador do concurso de postais de Nadal-23.
A postal de xoven artista de 8 anos foi destacada entre as numerosas e ben bonitas postais recibidas. O xurado tívo moi difícil a elección final, xa que o nivel de todas as postais recibidas foi mo alto.
A postal foi utilizada para felicitar o Nadal ós usuarios e seguidores da Piscina Municipal.
Pablo recolleu o agasallo do premio durante as vacacións.
Parabéns.
FESTA ACUÁTICA DE NADAL VENRES 29 DE DECEMBRO
A tarde do vindeiro venres 29 de decembro, a partir das 17.00 h todas as nenas e nenos usuari@s das instalacións, están invitados a participar na Festa Acuática ca que daremos a benvida ó Nadal.
O acceso será de balde para tod@s @s nenas e nenos usuarios entre os 3 e os 14 anos:
– Natación Escolar
– Cursos infantís
– Cursos de nen@s
– Aboados
@s nen@s de 3 a 6 anos deberán participar acompañados pola nai ou pai.
É preciso inscribirse na recepción.
As nenas e nenos non usuarios poderán acceder adquirindo a entrada correspondente.
Esa tarde a piscina non estará habilitada para o nado libre.
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2023
A partir do luns 20 de novembro e ata o sábado 16 de decembro, as nenas e nenos entre os 3 e os 14 anos (sexan ou non usuarios das instalacións) poden presentar unha postal de Nadal para o concurso que realizamos na Piscina Municipal.
A nena ou neno que presenten a postal gañadora recibirá un lote de material deportivo, e a súa postal será utilizada para felicitar ós usuarios das instalacións.
HORARIO DE INVERNO TEMPORADA 23-24
Ca entrada do mes de outubro, tamén entra en vigor o horario de inverno, que se extenderá ata todo o mes de xuño:
De luns a venres: De 8.00 a 22.30 h
Sábados: De 9.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 h
O horario de recepción seguirá sendo:
De luns a venres de 8.00 a 13.00 e de 16.30 a 22.30 h
Sábados de 9.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 h
Recordamos que os aboados das instalacións poden seguir utilizando as da Piscina Municipal Antía García de Caldas de Reis.
TEMPORADA DE INVERNO: HORARIO CONTINUO A MEDIO DÍA
Ca entrada da temporada de inverno 2023-24 establecerase o horario de utilización continuo de luns a venres: De 8.00 a 22.30 h
O horario de recepción seguirá a ser de 8.00 a 13.00 e de 16.30 a 22.30 h, polo que para poder eisfrutar de ese horario, os aboados que aínda non o fixeran, deberán rexistrar a súa pegada dixital para acceder ás instalacións ó medio día.
Os sábados o horario seguirá a ser de 9.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 h