PASAPORTE COVID PARA ACCEDER ÁS INSTALACIÓNS

Según a orde do 14 de decembro de 2021 (Doga 241, venres 17-12-21) polo que se establecen medidas consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para acceso a determinados establecementos.

As persoas maiores de 12 anos para acceder ás instalacións, deberán dispoñer de un certificado emitido polo servizo público de saúde ou por un laboratorio oficial autorizado que acredite calquera das seguintes circunstacias:

– Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a covid

– Que dispoñen de unha proba diagnóstiva negativa (PCR validez de 72 horas – test de antíxenos validez 48 horas)

– Que o titular se recuperou dunha infeccion sars-cov-2 nos últimos 6 meses

Esta presentación deberá realizarse cada vez que se accede ás instalacións, xa que non se conservará ningún rexistro persoal.