Novas

ACTUALIZACIÓN DE TAXAS

O pasado 31 de marzo, o Pleno do Concello de Padrón, aprovou a actualización das Taxas polo servizo da Piscina Municipal do Souto.
Esta actualización prodúcese despois de 6 anos sen modificacións. O incremento é inferior ó do IPC acumulado.
O anuncio está publicado no BOP:

ORDEANZA FISCAL REGULADORA DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NAS INSTALACIÓNS DAS PISCINAS MUNICIPAIS DO CAMPO DO SOUTO E DA ESCRAVITUDE 31-03-2022

PASAPORTE COVID PARA ACCEDER ÁS INSTALACIÓNS

Según a orde do 14 de decembro de 2021 (Doga 241, venres 17-12-21) polo que se establecen medidas consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para acceso a determinados establecementos.

As persoas maiores de 12 anos para acceder ás instalacións, deberán dispoñer de un certificado emitido polo servizo público de saúde ou por un laboratorio oficial autorizado que acredite calquera das seguintes circunstacias:

– Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a covid

– Que dispoñen de unha proba diagnóstiva negativa (PCR validez de 72 horas – test de antíxenos validez 48 horas)

– Que o titular se recuperou dunha infeccion sars-cov-2 nos últimos 6 meses

Esta presentación deberá realizarse cada vez que se accede ás instalacións, xa que non se conservará ningún rexistro persoal.

NOVA ACTIVIDADE: IOGA

Un paso máis na volta á normalidade:

Comenzamos unha nova actividades en seco:

IOGA: Unha actividade que te axudará a conectar corpo e mente. Unha combinación de actividade física e control postural ca que mellorar a alineación corporal, a flexibilidade e a respiración.

Infórmate na recepción.

ACTIVIDADES TEMPORADA 2021-22

Xa está aberto o prazo de inscripción para as actividades da temporada 2021-22 que comenzará en setembro.

A oferta inclúe actividades para menos e adultos.

Este curso recupérase a Campaña de Actividades Acuáticas para Escolares (NATACÓN ESCOLAR) que se ofertará ós Centros Escolares cas condicións Covid.

Tanto na piscina coma no ximnasio manténse un aforo máximo do 40 %

PECHE POR NIVEL MÁXIMO DE RESTRICCIÓNS

Sentimos comunicarvos a partir do sábado 8 de maio, ca entrada de Padrón no nivel máximo de restriccións, as instalacións deberán pechar mentras se manteña o nivel A que é o máis alto das restriccións.
Esta medida entrou en vigor a pesar de que a Actividade Física foi considerada como Actividade PRIORITARIA.
Recorda que non necesitas realizar ningunha xestión:

– Conxelamos a túa cota.
– Bonificamos todos os servizos pagos e non desfrutados polos usuarios.
– Os cursillistas manterán a súa praza de forma automática.
– Manteremos todos os cursos tal e como están en este momento.

Manteremos informados ós usuários da evolución da situación a través do correo electrónico e das contas de Facebook e Instagram.
Sentimos moito as molestias que se poidan ocasionar.

Moito ánimo a todos !

REAPERTURA DAS INSTALACIÓNS

Comprácenos comunicar que o próximo venres 26 de febreiro reabriremos as instalación. O venres 26 e o sábado 27 poderá facerse uso do Ximnasio. A Piscina poderá utilizarse a partir do luns 1 de marzo para baño libre, cursos, adestramentos…

Poderemos volver a realizar actividade física en un espazo seguro, con moito espazo, control da calidade do aire e grupos moi reducidos.

O horario de apertura será o seguinte:

LUNS A VENRES: De 8.00 a 13.00 e de 15.45 a 21.45 h
SÁBADOS: DE 9.30 A 13.30 e de 17.00 a 20.30 h

PECHE POR PANDEMIA

As últimas medidas adoptadas polas autoridades para atallar a pandemia propiciada pola covid-19, inclúe o peche das instalacións deportivas na nosa comunidade.

Por iso, vémonos obrigados a pechar a piscina e o ximnasio municipais, dende mañá mércores 27 de xaneiro por un período de tres semanas.

Durante o peche, e ata que se retome a actividade, todas as cotas quedarán conxeladas e todas as prazas manterán a reserva de xeito automático.

Por tanto non será preciso devolver recibos (xa que non se pasarán) nin adiantar os importes das reservas de praza.

Mentres as instalacións non abran de novo, non se cobrará ningún tipo de cota.

Os usuarios que xa solicitaran anteriormente a conxelación por non poder desprazarse dende outros concellos, verán compensados eses días na seguinte mensualidade.

Aproveitamos para desexarte todo o mellor en este momentos tan difíciles.

Non esquezas tratar de facer a actividade física que as túas circunstancias che permitan.

Recibe un cordial saúdo de todos os traballadores das instalacións.

CAMBIO DE HORARIO DAS TARDES

Para adaptarnos á situación producida polas normas tomadas para loitar contra a pandemia Covid, dende o martes 26 de outubro, realizarase un pequeno cambio no horario vespertino.
Adiantamos 15 minutos o horario de apertura e peche das tardes, para quedar do seguinte xeito:
De luns a venres de 16.30 a 22.30 h.
Este cambio non afectará a ningún curso nin actividade.
O horario queda así:
DE LUNS A VENRES:
De: 8.00 a 13.00 e de 16.30 a 22.30 h.
SÁBADOS:
De: 9.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 h.