HOMENAXE ÓS MELLORES DEPORTISTAS

O novo mural que decora a parede do ximnasio das instalacións pretende ser unha homenaxe á algúns dos mellores deportistas locais, nacionais e mundiais da historia do deporte.

Recolle imaxes de:

  • Jesús Blanco Villar: O ex ciclista e actual técnico é unha gran lenda e o referente da historia deportiva local. Exemplo de esforzo e honestidade no deporte.
  • Uxío Abuín: Triatleta que segue a dar mostra do seu talento acadando grandes triunfos internacionais e segue a manter a progresión na súa carreira deportiva.

Ademáis inclúense outros grandes deportistas que por algunha razón foron referencia ou exemplo pola súa calidade, esforzo ou deportividade:

Fermín Cacho, Rafa Nadal, Manel Estiarte, Amaya Valdemoro, Nadia Comanecci, Mark Spitz, Michael Jordan, Emil Zatopek, Michael Phelps, Mauro Silva, Pau Gasol, Tommie Smith John Carlos e Peter Norman, Mireia Belmonte, Jesse Owens, Lydia Valentín, Jonah Lomu, Simone Biles, David Cal, Carolina Martín, Carl Lewis e Usain Bolt

NOVA ACTIVIDADE: NATACIÓN EN AUGAS ABERTAS

No mes de abril ponse en marcha unha nova actividade: Natación en aguas abertas.

Esta actividade está dirixida a aquelas persoas que sabendo nadar, desexan prepararse para nadar en augas abertas e participar en travesías ou carreiras populares de natación.

Este grupo realiza adestramentos para mellorar a técnica de nado en xeral, pero tamén as modificacións da técnica que se precisan para nadar en aguas abertas.

Pero sobre todo, trátase de nadar en compañía un día á semana. Tamén se pode quedar para realizar os adestramentos propostos outros días ou horas de xeito individual ou con algúns membros do grupo.

Infórmate na recepción.

FIN SEGUNDO TRIMESTRE

Con motivo do fin do segundo trimestre, durante a semana do 3 ó 8 de abril as nais e pais de alumn@s dos cursos de natación escolar, infantis e de nenos poderán acceder ás gradas durante os dez últimos minutos das clases para poder coñecer as actividades que realizan e valorar as aprendizaxes realizadas.

A primeira parte das clases realizarase con normalidade.

OBRAS NOS VESTIARIOS

A semana do 6 de marzo comenzarán unhas obras nos vestiarios das instalacións.

As actividades na piscina e o ximnasio continuarán con normalidade, pero será preciso reducir o espazo disponible nos vestiarios.

Esperamos que con un pouco de paciencia poidamos compartir o espazo durante o tempo que duren as obras.

Desexamos que as molestias que soportemos durante uns días se vexan compensadas cas melloras que poidamos desfrutar unha vez rematadas.

Grazas anticipadas pola comprensión.

 

NOVAS TAXAS DENDE O MES DE ABRIL

O vindeiro 1 de abril entrarán en vigor as novas Taxas Municipais polo uso da Piscina e o Ximnasio Municipais de  de Padrón.

As novas taxas inclúen tarifas planas para todos os tipos de cursos según a idade e reduccións importantes para os prezos dos cursos e actividades para os abonados.

Xa que os novos tipos de abonos non se corresponden exactamente cos actuais, durante o mes de marzo podes consultar na recepción o tipo de abono novo que máis che conveña. Tamén podes consultar o resto das tarifas.

CURSOS TARDE DE REIS

O vindeiro xoves 5 de xaneiro (Noite de Reis) as instalacións permanecerán pechadas pola tarde.

Os alumnos dos cursos da tarde poderán acudir o mesmo día pola mañá co seguinte horario:

  • 8.45 h: Iniciación adultos.
  • 9.30 h: Maiores
  • 10.15 h: Nenos
  • 11.00 h: Perfeccionamento adultos
  • 11.45 h: Perfeccionamento adultos

Os interesados en acudir ós cursos da mañá poden inscribirse na recepción.

PRAZA NOS CURSOS

As persoas cursillistas non abonadas (nenos ou adultos) deben pagar a taxa correspondente antes do día 25 de cada mes para asegurar a continuidade no curso nos días e horas nos que está anotados.

Despóis de esa data non se asegura que poidan dispoñer da praza, xa que pode ser ofertada a persoas en lista de espera.

É importante que as persoas que vaian causar baixa nos cursos o mes seguinte, o comuniquen previamente na instalación para poder dispoñer da praza para outros usuarios.