MATRÍCULA CURSOS PARA NENOS

O vindeiro 21 de agosto abrese o período de matrícula para os cursos infantís e para nenos da temporada 2017-18 que comenzará en setembro.

A oferta inclúe:

Cursos para bebés, cursos infantís, cursos para nenos, multinatación, triatlón, Sincronizada, etc.

Os cursos de Natación Escolar serán ofertados nos propios centros escolares una vez comenzadas as clases. Estes cursos empezarán en outubro.

SANTIAGUIÑO DO MONTE

Co motivo das festas do Santiaguiño do monte, as instalacións permanecerán pechadas o luns 24 de xullo pola tarde.
Os cursillistas da tarde poderán acudir o mesmo día pola mañá. Para elo só terán que anotarse previamente na recepción para elexir os horarios.

TRABALLAR CON SEGURIDADE NO XIMNASIO

Durante o traballo no ximnasio é moi importante manter unhas boas rutinas de adestramento e seguir os consellos dos monitores relacionados ca seguridade e ca correcta execución dos exercicios.

A precaución non só se debe manter ó traballar con grandes cargas. Tamén ó realizar exercicios aeróbicos:

– Nas bicicletas mantén unha boa postura que permita distribuir a carga e unha extensión axeitada da perna. Se tes debida consulta ós monitores.

– Nas elípticas adapta a longitude da zancada á das túas pernas.

– Nas cintas MANTÉN SEMPRE A PINZA DE SEGURIDADE ENGANCHADA  ó teu corpo en todo momento (aínda que vaias andando). Así no caso de unha caída ou desequilibrio, a máquina parará. O exceso de confianza pode convertir un pequeño incidente en un accidente máis importante.

Grazas pola túa colaboración.

HORARIOS CURSOS DE VERÁN

O horario das instalacións nos meses de xullo e agosto serán:

De luns a venres: De 8.00 a 13.00 e de 19.00 a 23.00 h

Sábados: De 9.30 a 13.30 h

Abrense novos horarios de cursos de natación para nenos nos seguintes horarios de mañá:

  • 10.45 h
  • 11.30 h

No mes de setembro recuperase o horario normal de inverno

 

 

FIN DE CURSO NATACIÓN ESCOLAR

A semana do 12 ó 17 de xuño realizarase a despedida do curso escolar 2.016-17  das actividades de Natación Escolar e dos cursos de natación para nenos, no día en que cada grupo acude habitualmente.

Durante esa semana as nais e pais d@s alumn@s poderán acceder ás gradas durante os dez últimos minutos das clases para poder coñecer as actividades que realizan habitualmente en elas. As clases rematarán uns minutos antes para realizar a entrega de diplomas ó finalizar as mesmas.

Os alumnos de Natación Escolar terán clase con normalidade durante a seguinte semana do 19 ó 23 de xuño.

Os alumnos do resto dos cursos e outras actividades continuarán as clases ata fin de mes.

HOMENAXE ÓS MELLORES DEPORTISTAS

O novo mural que decora a parede do ximnasio das instalacións pretende ser unha homenaxe á algúns dos mellores deportistas locais, nacionais e mundiais da historia do deporte.

Recolle imaxes de:

  • Jesús Blanco Villar: O ex ciclista e actual técnico é unha gran lenda e o referente da historia deportiva local. Exemplo de esforzo e honestidade no deporte.
  • Uxío Abuín: Triatleta que segue a dar mostra do seu talento acadando grandes triunfos internacionais e segue a manter a progresión na súa carreira deportiva.

Ademáis inclúense outros grandes deportistas que por algunha razón foron referencia ou exemplo pola súa calidade, esforzo ou deportividade:

Fermín Cacho, Rafa Nadal, Manel Estiarte, Amaya Valdemoro, Nadia Comanecci, Mark Spitz, Michael Jordan, Emil Zatopek, Michael Phelps, Mauro Silva, Pau Gasol, Tommie Smith John Carlos e Peter Norman, Mireia Belmonte, Jesse Owens, Lydia Valentín, Jonah Lomu, Simone Biles, David Cal, Carolina Martín, Carl Lewis e Usain Bolt

NOVA ACTIVIDADE: NATACIÓN EN AUGAS ABERTAS

No mes de abril ponse en marcha unha nova actividade: Natación en aguas abertas.

Esta actividade está dirixida a aquelas persoas que sabendo nadar, desexan prepararse para nadar en augas abertas e participar en travesías ou carreiras populares de natación.

Este grupo realiza adestramentos para mellorar a técnica de nado en xeral, pero tamén as modificacións da técnica que se precisan para nadar en aguas abertas.

Pero sobre todo, trátase de nadar en compañía un día á semana. Tamén se pode quedar para realizar os adestramentos propostos outros días ou horas de xeito individual ou con algúns membros do grupo.

Infórmate na recepción.

FIN SEGUNDO TRIMESTRE

Con motivo do fin do segundo trimestre, durante a semana do 3 ó 8 de abril as nais e pais de alumn@s dos cursos de natación escolar, infantis e de nenos poderán acceder ás gradas durante os dez últimos minutos das clases para poder coñecer as actividades que realizan e valorar as aprendizaxes realizadas.

A primeira parte das clases realizarase con normalidade.

OBRAS NOS VESTIARIOS

A semana do 6 de marzo comenzarán unhas obras nos vestiarios das instalacións.

As actividades na piscina e o ximnasio continuarán con normalidade, pero será preciso reducir o espazo disponible nos vestiarios.

Esperamos que con un pouco de paciencia poidamos compartir o espazo durante o tempo que duren as obras.

Desexamos que as molestias que soportemos durante uns días se vexan compensadas cas melloras que poidamos desfrutar unha vez rematadas.

Grazas anticipadas pola comprensión.