TEMPORADA DE INVERNO: HORARIO CONTINUO A MEDIO DÍA

Ca entrada da temporada de inverno 2023-24 establecerase o horario de utilización continuo de luns a venres: De 8.00 a 22.30 h
O horario de recepción seguirá a ser de 8.00 a 13.00 e de 16.30 a 22.30 h, polo que para poder eisfrutar de ese horario, os aboados que aínda non o fixeran, deberán rexistrar a súa pegada dixital para acceder ás instalacións ó medio día.

Os sábados o horario seguirá a ser de 9.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 h

APERTURA DO PERÍODO DE INSCRIPCIÓN XULLO-AGOSTO-SETEMBRO

O luns 5 de xuño ábrese o período de inscripción para os cursos e actividades dos meses de xullo, agosto e setembro de 2023.
Durante estes meses ofértanse novos cursos en diferentes días e horas, mesmo cursos infantis e para nen@s en horario de mañá.
A oferta inclúe cursos e actividades para nenos e adultos.
Calquera dúbida pode consultarse en recepción ou no tfno das instalacións.

SEMANA DE GRADAS ABERTAS PASCUA-23

Durante a semana do 27 de marzo ó 1 de abril as nais e pais d@s alumn@s, poderán acceder ás gradas das instalacións durante os últimos minutos de cada sesión para poder coñecer as actividades que realizan e valorar as aprendizaxes realizadas.

Xa que a presenza dos pais soe alterar o desenvolvimento dos cursos, o resto do tempo das clases realizarase con normalidade.

FESTA ACUÁTICA DE NADAL SÁBADO 17 DE DECEMBRO

A tarde do vindeiro sábado 19 de decembro, todas as nenas e nenos usuari@s das instalacións, están invitados a participar na Festa Acuática ca que daremos a benvida ó Nadal.

O acceso será de balde para tod@s @s nenas e nenos usuarios entre os 3 e os 14 anos:

– Natación Escolar
– Cursos infantís
– Cursos de nenas
– Aboados

@s nen@s de 3 a 6 anos deberán participar acompañados pola nai ou pai.

É preciso inscribirse na recepción.

As nenas e nenos non usuarios poderán acceder adquirindo a entrada correspondente.

Esa tarde a piscina non estará habilitada para o nado libre.

CONCURSO POSTAIS NADAL 2022

A partir do luns 21 de novembro e ata o sábado 17 de decembro, as nenas e nenos entre os 3 e os 14 anos (sexan ou non usuarios das instalacións) poden presentar unha postal de Nadal para o concurso que realizamos na Piscina Municipal.

A nena ou neno que presenten a postal gañadora recibirá un lote de material deportivo, e a súa postal será utilizada para felicitar ós usuarios das instalacións.

Consulta as bases do concurso e anímate a participar.
BASES CONCURSO POSTAIS NADAL PISCINA PADRON-22

HORARIO DE MEDIODÍA PARA ABOADOS

O vindeiro 1 de outubro dará comenzo a temporada 2022-23, e tamén o horario de inverno.
Este curso como novidade, os aboados da instalación poderán acceder ás instalacións os luns e mércores ó mediodía.
Para elo deberán acreditarse previamente na recepción, rexistrando a súa pegada dixital, que será o sistema de acceso durante ese horario.
Durante o resto do horario habitual, a recepción permanecerá aberta e poderán realizarse os trámites habituais.