CONXELACIÓN DAS COTAS

Informamos a todos os usuarios das Instalacións da Piscina e o Ximnasio Municipais, que durante o peche, e ata que se retome a actividade, todas as cuotas quedarán conxeladas e todas as prazas manterán a reserva de xeito automático.

Por tanto non será preciso devolver recibos (xa que non se pasarán) nin adiantar os importes das reservas de praza.

Mentres as instalacións non funcionen de novo a pleno rendemento, non se cobrará ningún tipo de cuota.

Aproveitamos para desexarvos todo o mellor en este momentos tan difíciles.

Non esquezades a importancia de tratar de facer a actividade física que as nosas circunstancias nos permitan.

Recibide un cordial saúdo de todos os traballadores das instalacións.

RECOMENDACIÓNS PARA EVITAR A TRANSMISIÓN DO COVID-19

Ante a situación de propagación do Coronavirus Covid-19, debemos seguir as recomendaciones do Ministerio e a Consellería de Sanidade.

A Información baseada na evidencia científica que transmiten é a seguinte:

– O CORONAVIRUS COVID-19 TRANSMÍTESE POR CONTACTO ESTREITO CAS SECRECIÓNS RESPIRATORIAS QUE SE XERAN CA TOS OU O ESBIRRO DE UNHA PERSOA CONTAXIADA

– ESTAS SECRECIÓNS PODERÍAN INFECTAR A OUTRA PERSOA SE ENTRASEN EN CONTACTO CO SEU NARIZ, OLLOS OU BOCA

– É POUCO PROBABLE A TRANSMISIÓN POLO AIRE A DISTANCIAS DE MÁIS DE 1 OU 2 METROS

– OS SÍNTOMAS MÁIS COMÚNS SON: FEBRE, TOS E SENSACIÓN DE FALTA DE AIRE

– O 80% DOS CASOS PRESENTAN SÍNTOMAS LEVES

Xa que nas instalacións da Piscina e o Ximnasio Municipais, en certos momentos podemos coincidir con outros grupos de persoas persoas, debemos seguir as seguintes recomendaciones:

– LAVAR AS MANS FRECUENTEMENTE CON AUGA E XABÓN ANTES E DESPÓIS DAS ACTIVIDADES

– TOSER OU ESBIRRAR TAPANDO A BOCA CON UN PANO OU O CÓBADO

– EVITA TOCAR OS OLLOS, NARIZ E BOCA, XA QUE AS MANS FACILITAN A TRANSMISIÓN

– EVITAR O CONTACTO FÍSICO (DAR A MAN…)

– TRATAR DE MANTER UNHA DISTANCIA DE 1 M CON OUTRAS PERSOAS

– NO XIMNASIO UTILIZAR A TOALLA INDIVIDUAL E MANTER SEMPRE O CONTACTO CON ELA

– AS PERSOAS CON SÍNTOMAS DE RESFRIADO, GRIPE, TOS, FEBRE OU PROBLEMAS RESPIRATORIOS DEBEN EVITAR ACUDIR ÁS INSTALACIÓNS ATA QUE REMITAN OS SÍNTOMAS

Recorda:

– A SUDOR NON TRANSMITE O VIRUS

– FACER EXERCICIO MODERADO E MANTERSE EN FORMA AXUDA A MANTER MÁIS ALTAS AS DEFENSAS

– NON SE RECOMENDA FACER EXERCICIO MOI INTENSO PORQUE PODERÍA REDUCIR AS DEFENSAS

AMPLIACIÓN HORARIO

A partir do día 2 de xaneiro, as instalacións (piscina e ximnasio) estarán abertas os martes e xoves ó medio día para os aboados. De este xeito, eses dous días poderase acceder ininterrumpidamente dende as 8.00 ata as 22.45 h

Para acceder os martes e xoves entre as 13.00 e as 16.45 h será preciso acudir previamente á recepción para rexistrar a pegada dixital, xa que será necesaria para acceder en ese horario.

A partir do día 2, pocos aboados poderán abrir a porta das instalacións ca súa pegada dixital no dispositivo situado no exterior. Unha vez dentro, deberán rexistrarxe pasando a súa tarxeta no lector da recepción como viña facendo ata agora.

Este horario do medio día só estará disponible para aboados.
En ese periodo non será posible adquirir entradas por libre, ou realizar xestións na recepción, xa que esta permanecerá pechada.

Pola seguridade de todos os usuarios, o sistema de cámaras de seguridade funcionará con normalidade.

FESTA ACUÁTICA DE NADAL

A tarde do vindeiro sábado 21 de decembro, todas as nenas e nenos usuari@s das instalacións, están invitados a participar na Festa Acuática ca que daremos a benvida ó Nadal.

O acceso será de balde para tod@s @s nenas e nenos usuarios entre os 3 e os 14 anos:

– Natación Escolar
– Cursos infantís
– Cursos de nenas
– Aboados

@s nen@s de 3 a 6 anos deberán participar acompañados pola nai ou pai.

É preciso inscribirse na recepción.

Esa tarde a piscina non estará habilitada para o nado libre.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2019

A partir do luns 25 de novembro e ata o sábado 14 de decembro, as nenas e nenos entre os 3 e os 14 anos poden presentar unha postal de Nadal para o concurso que realizamos na Piscina Municipal.

A nena ou neno que presenten a postal gañadora recibirá un lote de material deportivo, e a súa postal será utilizada para felicitar ós usuarios das instalacións.

Consulta as bases do concurso e anímate a participar.

BASES CONCURSO POSTAIS PADRON-2019

TEMPORADA 2019-20

No mes de outubro comenza a nova temporada 2019-20 e o horario de inverno.

Tamén comenzan os horarios das actividades en auga:

– Campaña de Actividade acuática Escolar
– Cursos de natación infantil, nenos e adultos.
– Actividades para bebés
– Adestramento e augas abertas
– Actividades acuática terapéutica.

E as actividades dirixidas en seco:

– Adestramento funcional.
– Abdominais.
– Runing e técnica de carreira

CURSOS VERÁN PARA NENOS

Xa está aberto o prazo de matrícula para os cursos de verán para nenos en horarios de mañá.
Estos cursos estarán abertos nos meses de xullo e agosto.
Os horario disponibles son os seguintes: 10.45 h e 11.30 h
Información e inscripción na recepción.

FIN DE CURSO NATACIÓN ESCOLAR

Durante a semana do 10 ó 15 de xuño as nais e pais poderán acceder ás gradas durante o horario dos cursos de nenos.

Durante esa semana, os cursos terán o seguinte horario aproximado:

– 10 minutos iniciais de clase
– Apertura de gradas (15 minutos aproximadamente)
– Ducha e mudarse
– Entrega de diplomas

As clases dos grupos de Natación Escolar continuarán unha semana máis (acabarán a semana do 17 ó 21 de xuño)
O resto dos cursos continuarán con normalidade ata fin de mes e poderán renovarse nos meses de xullo e agosto.