1. INFORMACIÓN AO USUARIO
Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?
-Barbatana, SL, en diante RESPONSABLE, informa ao USUARIO de que se procedeu a crear un perfil nas Redes Sociais Facebook, Instagram, Twitter, LinkedIn, Youtube, Vimeo e Google+, que é o responsable do tratamento dos datos persoais do usuario que se leve a cabo nas devanditas redes sociais e infórmao de que estes datos serán tratados de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril (GDPR), e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro (LOPDGDD), polo que se lle facilita a seguinte información do tratamento:
Para que tratamos os teus datos persoais?
Fin do tratamento: manter unha relación entre o USUARIO e o RESPONSABLE que pode incluír as seguintes operacións:
- Tramitar solicitudes e consultas formuladas ao responsable.
- Informar sobre actividades e eventos organizados polo responsable.
- Informar sobre produtos ou servizos ofrecidos polo responsable.
- Interactuar a través dos perfís oficiais.
Por que motivo podemos tratar os teus datos persoais?
Base xurídica do tratamento: artigo 6.1.a GDPR, o interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos. O USUARIO dispón dun perfil na mesma rede social e decidiu unirse á rede social do RESPONSABLE mostrando así interese na información que se publique na mesma, por tanto no momento de solicitar seguir os nosos perfís oficiais, facilítanos o seu consentimento para o tratamento daqueles datos persoais publicados no seu perfil.
O USUARIO pode acceder en todo momento ás políticas de privacidade da propia rede social, así como configurar o seu perfil para garantir a súa privacidade.
O RESPONSABLE ten acceso e trata aquela información pública do USUARIO, en especial, o seu nome de contacto. Estes datos só se utilizan dentro da propia rede social e unicamente serán incorporados a un ficheiro do RESPONSABLE cando sexa necesario para tramitar a solicitude do USUARIO.
Durante canto tempo gardaremos os teus datos persoais?
Criterios de conservación dos datos: conservaranse mentres o USUARIO non revogue o consentimento prestado tal e como se indica nesta política de privacidade.
A quen facilitamos os teus datos persoais?
Comunicación dos datos: a información facilitada polo USUARIO a través das redes sociais do RESPONSABLE, incluídos os seus datos persoais, pode ser publicada, sempre en función os servizos que o USUARIO utilice, polo que poderá quedar a disposición pública doutros terceiros usuarios das redes sociais. Desde o perfil de cada rede social, o USUARIO pode configurar que información quere facer pública en cada caso, ver os permisos que se concederan, eliminalos ou desactivalos, como calquera aplicación dun terceiro que xa non se desexa utilizar.
Non está prevista ningunha comunicación de datos persoais a terceiros fóra da rede social, agás se fose imprescindible para o desenvolvemento e execución das finalidades do tratamento, aos nosos provedores de servizos relacionados con comunicacións, cos cales o RESPONSABLE ten subscritos os contratos de confidencialidade e de encargado de tratamento esixidos pola normativa vixente de privacidade.
Cales son os teus dereitos?
Dereitos que asisten ao USUARIO: só poderán satisfacerse en relación a aquela información que se encontre baixo o control do RESPONSABLE.
- Dereito a retirar o consentimento en calquera momento.
- Dereito de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e á limitación ou oposición ao seu tratamento.
- Dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control (www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.
Datos de contacto para exercer os seus dereitos:
-Barbatana, SL. Rúa Real, 23 - 15900 Padrón (A Coruña)
2. UTILIZACIÓN DO PERFIL
O RESPONSABLE realizará as seguintes actuacións:
- Acceso á información pública do perfil.
- Publicación no perfil do USUARIO de toda aquela información xa publicada na rede social do RESPONSABLE.
- Enviar mensaxes persoais e individuais a través dos canais da rede social.
- Actualizacións do estado da páxina que se publicarán no perfil do USUARIO.
O USUARIO sempre pode controlar as súas conexións, eliminar os contidos que deixen de interesarlle e restrinxir con quen comparte as súas conexións; para iso deberá acceder a súa configuración de privacidade.
3. PUBLICACIÓNS
O USUARIO, unha vez sexa seguidor ou se unise á rede social do RESPONSABLE, poderá publicar nesta comentarios, ligazóns, imaxes, fotografías ou calquera outro tipo de contido multimedia soportado por esta. O USUARIO, en todos os casos, debe ser o titular do contido publicado, gozar dos dereitos de autor e de propiedade intelectual ou contar co consentimento dos terceiros afectados.
Prohíbese expresamente calquera publicación na rede social, xa sexan textos, gráficos, fotografías, vídeos, etc. que atenten ou sexan susceptibles de atentar contra a moral, a ética, o bo gusto ou o decoro, e/ou que infrinxan, violen ou quebranten os dereitos de propiedade intelectual ou industrial, o dereito á imaxe ou a Lei.
Nestes casos, o RESPONSABLE resérvase o dereito a retirar de inmediato o contido, sen comunicación previa, podendo solicitar o bloqueo permanente do USUARIO.
O RESPONSABLE non se fará RESPONSABLE dos contidos que libremente publicou un USUARIO.
O USUARIO debe ter presente que as súas publicacións serán coñecidas por outros usuarios, polo que el mesmo é o principal responsable da súa privacidade.
As imaxes que poidan publicarse na rede social non serán almacenadas en ningún ficheiro por parte do RESPONSABLE, pero si que permanecerán na rede social.
4. DATOS DE MENORES DE IDADE OU PERSOAS CON CAPACIDADES ESPECIAIS
O acceso e rexistro a través das redes sociais do RESPONSABLE está prohibido a menores de 18 anos. Pola súa parte, se o USUARIO ten capacidades especiais, será necesaria a intervención do titular da súa patria potestade ou tutela, ou do seu representante legal mediante documento válido que acredite a representación.
O RESPONSABLE quedará expresamente exonerado de calquera responsabilidade que puidese derivarse do uso das redes sociais por parte de menores ou persoas con capacidades especiais. As redes sociais do RESPONSABLE non recollen conscientemente ningunha información persoal de menores de idade, por iso, se o USUARIO é menor de idade, non debe rexistrarse, nin utilizar as redes sociais do RESPONSABLE nin tampouco proporcionar ningunha información persoal.