Blog

xim-padron-zona-funcional

TEMPORADA 2019-20

No mes de outubro comenza a nova temporada 2019-20 e o horario de inverno.

Tamén comenzan os horarios das actividades en auga:

– Campaña de Actividade acuática Escolar
– Cursos de natación infantil, nenos e adultos.
– Actividades para bebés
– Adestramento e augas abertas
– Actividades acuática terapéutica.

E as actividades dirixidas en seco:

– Adestramento funcional.
– Abdominais.
– Runing e técnica de carreira

sinal de obras

PECHE TÉCNICO

As instalacións permanecerán pechadas dende o sábado 10 ata o domingo 18 de agosto (inclusive) para a realización de tarefas de mantemento.

piscina-padron7

CURSOS VERÁN PARA NENOS

Xa está aberto o prazo de matrícula para os cursos de verán para nenos en horarios de mañá.
Estos cursos estarán abertos nos meses de xullo e agosto.
Os horario disponibles son os seguintes: 10.45 h e 11.30 h
Información e inscripción na recepción.

FOTO GRADAS PADRON

FIN DE CURSO NATACIÓN ESCOLAR

Durante a semana do 10 ó 15 de xuño as nais e pais poderán acceder ás gradas durante o horario dos cursos de nenos.

Durante esa semana, os cursos terán o seguinte horario aproximado:

– 10 minutos iniciais de clase
– Apertura de gradas (15 minutos aproximadamente)
– Ducha e mudarse
– Entrega de diplomas

As clases dos grupos de Natación Escolar continuarán unha semana máis (acabarán a semana do 17 ó 21 de xuño)
O resto dos cursos continuarán con normalidade ata fin de mes e poderán renovarse nos meses de xullo e agosto.

FOTO GRADAS ABERTAS

VACACIÓNS PASCUA-2019

Durante a semana do 8 o 13 de abril as nais e pais d@s alumn@s poderán acceder ás gradas durante os dez últimos minutos das clases para poder coñecer as actividades que realizan e valorar as aprendizaxes realizadas.

Xa que a presenza dos pais soe alterar o desenvolvimento dos cursos, o resto do tempo das clases realizarase con normalidade.

As instalación permanecerán pechadas con motivo das festas de Pascua dende o xoves 18 ó luns 22 (incluídos)

FOTO PANEIS

PRÓRROGA NO INTERCAMBIO

Comprácenos comunicar que se prorroga a posibilidade de acceder ás instalacións da Piscina Spa e Ximnasio Municipais de Caldas de Reis ata novo aviso.

O acceso está permitido para todos os abonados da instalación. Só é preciso amosar o carné das mesmas.

PISCINA CALDAS VISTA EXTERIOR PANORAMICA

INTERCAMBIO CA PISCINA DE CALDAS

Durante os meses de xaneiro e febreiro de 2.019, os aboados das instalacións poderán acceder libremente ás instalacións da Piscina, Spa e Ximnasio Municipais Antía García Silva de Caldas de Reis.
O acceso poderá facerse en todo o horario de apertura, e para elo só será preciso amosar o carné vixente que nos identifique como aboados das instalacións de Padrón.

O horario das intalacións de Caldas de Reis é o seguiste:

– De luns a venres: de 8.30 a 13.00 e de 16.45 a 22.45 h
– Sábados: de 9.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 h
– Domingos: de 9.30 a 13.30 h

FOTO PAIS DENDE GRADAS

APERTURA DE GRADAS NADAL-2018

Durante a semana do 17 ó 22 de decembro as nais e pais poderán acceder ás gradas durante os dez últimos minutos das clases dos nenos para poder coñecer as actividades que realizan e valorar as aprendizaxes realizadas.

Xa que a presenza dos pais soe alterar o desenvolvimento dos cursos, o resto do tempo das clases realizarase con normalidade.

POSTAL NADAL

CONCURSO POSTAIS NADAL – 2018

A partir do luns 26 de novembro e ata o sábado 15 de decembro, as nenas e nenos entre os 3 e os 14 anos poden presentar unha postal de Nadal para o concurso que realizamos na Piscina Municipal.

A nena ou neno que presenten a postal ganadora recibirá un lote de material deportivo, e a súa postal será utilizada para felicitar ós usuarios das instalacións.

Consulta as bases do concurso e anímate a participar.

BASES CONCURSO POSTAIS PISCINA PADRON

FOTO FUNCIONAL TRX

NOVO CONXUNTO DE ACTIVIDADES EN SECO

No mes de outubro comenza un novo grupo de actividades en seco:
– Adestramento funcional.
– Abdominais.
– Runing.
Estas actividades ofertanse conxuntamente en unha tarifa plana de 3 € que da dereito a acceder a todas elas en calquera dos diversos horarios ofertados.
Infórmate e inscríbete na recepción.