FIN DE CURSO 2017-18

A semana do 11 ó 16 de xuño realizarase a despedida do curso escolar 2.017-18  das actividades de Natación Escolar e dos cursos de natación para nenos, no día en que cada grupo acude habitualmente.

Durante esa semana as nais e pais d@s alumn@s poderán acceder ás gradas durante o horario de clases para poder coñecer as actividades que realizan habitualmente. As clases rematarán uns minutos antes para realizar a entrega de diplomas ó finalizar as mesmas.

Os alumnos de Natación Escolar terán clase con normalidade durante a seguinte semana do 18 ó 21 de xuño.

Os alumnos do resto dos cursos e outras actividades continuarán as clases ata fin de mes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.