CONXELACIÓN DAS COTAS

Informamos a todos os usuarios das Instalacións da Piscina e o Ximnasio Municipais, que durante o peche, e ata que se retome a actividade, todas as cuotas quedarán conxeladas e todas as prazas manterán a reserva de xeito automático.

Por tanto non será preciso devolver recibos (xa que non se pasarán) nin adiantar os importes das reservas de praza.

Mentres as instalacións non funcionen de novo a pleno rendemento, non se cobrará ningún tipo de cuota.

Aproveitamos para desexarvos todo o mellor en este momentos tan difíciles.

Non esquezades a importancia de tratar de facer a actividade física que as nosas circunstancias nos permitan.

Recibide un cordial saúdo de todos os traballadores das instalacións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.