FESTA ACUÁTICA DE NADAL SÁBADO 17 DE DECEMBRO

A tarde do vindeiro sábado 19 de decembro, todas as nenas e nenos usuari@s das instalacións, están invitados a participar na Festa Acuática ca que daremos a benvida ó Nadal.

O acceso será de balde para tod@s @s nenas e nenos usuarios entre os 3 e os 14 anos:

– Natación Escolar
– Cursos infantís
– Cursos de nenas
– Aboados

@s nen@s de 3 a 6 anos deberán participar acompañados pola nai ou pai.

É preciso inscribirse na recepción.

As nenas e nenos non usuarios poderán acceder adquirindo a entrada correspondente.

Esa tarde a piscina non estará habilitada para o nado libre.

CONCURSO POSTAIS NADAL 2022

A partir do luns 21 de novembro e ata o sábado 17 de decembro, as nenas e nenos entre os 3 e os 14 anos (sexan ou non usuarios das instalacións) poden presentar unha postal de Nadal para o concurso que realizamos na Piscina Municipal.

A nena ou neno que presenten a postal gañadora recibirá un lote de material deportivo, e a súa postal será utilizada para felicitar ós usuarios das instalacións.

Consulta as bases do concurso e anímate a participar.
BASES CONCURSO POSTAIS NADAL PISCINA PADRON-22

HORARIO DE MEDIODÍA PARA ABOADOS

O vindeiro 1 de outubro dará comenzo a temporada 2022-23, e tamén o horario de inverno.
Este curso como novidade, os aboados da instalación poderán acceder ás instalacións os luns e mércores ó mediodía.
Para elo deberán acreditarse previamente na recepción, rexistrando a súa pegada dixital, que será o sistema de acceso durante ese horario.
Durante o resto do horario habitual, a recepción permanecerá aberta e poderán realizarse os trámites habituais.

ACTUALIZACIÓN DE TAXAS

O pasado 31 de marzo, o Pleno do Concello de Padrón, aprovou a actualización das Taxas polo servizo da Piscina Municipal do Souto.
Esta actualización prodúcese despois de 6 anos sen modificacións. O incremento é inferior ó do IPC acumulado.
O anuncio está publicado no BOP:

ORDEANZA FISCAL REGULADORA DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NAS INSTALACIÓNS DAS PISCINAS MUNICIPAIS DO CAMPO DO SOUTO E DA ESCRAVITUDE 31-03-2022

PASAPORTE COVID PARA ACCEDER ÁS INSTALACIÓNS

Según a orde do 14 de decembro de 2021 (Doga 241, venres 17-12-21) polo que se establecen medidas consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para acceso a determinados establecementos.

As persoas maiores de 12 anos para acceder ás instalacións, deberán dispoñer de un certificado emitido polo servizo público de saúde ou por un laboratorio oficial autorizado que acredite calquera das seguintes circunstacias:

– Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a covid

– Que dispoñen de unha proba diagnóstiva negativa (PCR validez de 72 horas – test de antíxenos validez 48 horas)

– Que o titular se recuperou dunha infeccion sars-cov-2 nos últimos 6 meses

Esta presentación deberá realizarse cada vez que se accede ás instalacións, xa que non se conservará ningún rexistro persoal.

NOVA ACTIVIDADE: IOGA

Un paso máis na volta á normalidade:

Comenzamos unha nova actividades en seco:

IOGA: Unha actividade que te axudará a conectar corpo e mente. Unha combinación de actividade física e control postural ca que mellorar a alineación corporal, a flexibilidade e a respiración.

Infórmate na recepción.