IMAXEN RELOXO-CALENFDARIO

CAMBIO DE HORARIO DAS TARDES

Para adaptarnos á situación producida polas normas tomadas para loitar contra a pandemia Covid, dende o martes 26 de outubro, realizarase un pequeno cambio no horario vespertino.
Adiantamos 15 minutos o horario de apertura e peche das tardes, para quedar do seguinte xeito:
De luns a venres de 16.30 a 22.30 h.
Este cambio non afectará a ningún curso nin actividade.
O horario queda así:
DE LUNS A VENRES:
De: 8.00 a 13.00 e de 16.30 a 22.30 h.
SÁBADOS:
De: 9.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 h.

FOTO CURSOS PISCINA PADRON

NATACIÓN ESCOLAR

Durante o curso 2020-21, non se realizará a Campaña de Natación Escolar.
Para dar opción ós nenos e rapaces que viñan á piscina cos grupos dos colexios, ábrense novos cursos de natación dende as cinco da tarde (17 h)
Para manter a seguridade, os cursos serán aínda máis reducidos, mantendo unha ocupación máxima da instalación durante os mesmos do 22 % (a norma establece 75%)
Xa é posible inscribirse na recepción.
Máis información no tfno. das instalacións: 981 81 16 90

FOTO MONITOR PADRON

MATRÍCULA CURSOS TEMPORADA 2020-21

O luns 24 de agosto ábrese o período de matrícula para os cursos da temporada 2020-21 que comenzará en setembro.

A oferta inclúe cursos para menos e adultos.

En todos os cursos realizaranse modificacións para aplicar protocolos de seguridade para evitar a transmisión do Covid-19.

Os cursos de Natación Escolar serán ofertados nos propios centros escolares una vez comenzadas o curso escolar e empezarán en outubro.

11-vaso-nadador

VENRES 12 DE XUÑO: REAPERTURA DAS INSTALACIÓNS

Comprácenos comunicarvos que reabriremos as instalacións o vindeiro venres 12 de xuño no horario habitual.

As condicións da apertura están reguladas polo marco normativo da Fase-3 do proceso de desescalada.

Os usuarios e público en xeral poderán desfrutar da piscina e o ximnasio para utilizaciónn por libre. Os cursos recuperaranse próximamente, en canto a situación o permita.

Os usuarios poderán contar con todas as medidas de seguridade e hixiene recollidas nos protocolos correspondentes. Tamén se reforzarán as frecuencias de limpeza de todos os espazos das instalacións.

O aforo limtarase ó 12 % da capacidade (unha reducción maior da que indica a normativa da desescalada, que a fixa en un 75 %) para dispoñer de un espazo moito máis amplo e seguro para cada usuario.

Para maior comodidade, establecerase un sistema mixto de acceso, con e sen reserva:

A reserva non será obrigatoria, aínda que se recomenda para as persosas que desexen asegurar unha hora determinada. Os usuarios que non reserven, poderán acudir á piscina ou ó ximnasio en calquera momento dentro do horario habitual, sempre que haia plazas. Para reservar deberase chamar ó número de teléfono das instalacións (981 81 16 90). Poderase reservar dende o xoves día 11.

Os usuarios deberán levar a mascariña individual que se deberá manter na recepción e nas zonas comúns, e que se quitará para facer a actividade física na piscina ou no ximnasio. Deberán manter a distancia interpersoal, dispoñendo de espazo suficiente e referencias espaciais.

Durante o mes de xuño, compensaranse os días non desfrutados no mes de marzo, co cal non se xirarán recibos ós aboados.

Os cursillistas poderán compensar os días non desfrutados cando se reanuden os cursos, pero os que o desexen, poderán solicitar a devolución da parte proporcional que tiveran pagada.

Esperamos vervos pronto de volta.

FOTO FACHADA PISCINA PADRON CON SOL BAIXA RESOLUC

PROCESO DE VOLTA Á NORMALIDADE

Estimado usuario:

Ante todo desexamos que tanto ti como a túa familia vos atopedes ben de saúde e estedes a soportar esta situación o mellor posible.

Como xa conoces, o Goberno deseñou un proceso de desescalada. En esta ruta de normalización, as actividades nos ximnasios comenzarían na Fase 3, que se desenvolverá no mes de xuño, pero non especificou as circunstancias das piscinas.

Por iso, aínda non podemos concretar as datas exactas de apertura. No momento no que teñamos a autorización e unha data concreta, anunciarémolo oportunamente. Polo momento, estamos a traballar para manter as instalacións no mellor estado para a volta, e para que esta se faga cumprindo todas as esixencias de seguridade e hixiene.

Recordámosche que non se cargará ningún recibo ata a reapertura, e que se descontará o periodo que non se puido desfrutar no mes de marzo.

Esperando vernos de novo canto antes, recibe un agarimoso saúdo do equipo de traballadores da Piscina e Ximnasio Municipais.

FOTO PORTAS PISCINA PADRON

CONXELACIÓN DAS COTAS

Informamos a todos os usuarios das Instalacións da Piscina e o Ximnasio Municipais, que durante o peche, e ata que se retome a actividade, todas as cuotas quedarán conxeladas e todas as prazas manterán a reserva de xeito automático.

Por tanto non será preciso devolver recibos (xa que non se pasarán) nin adiantar os importes das reservas de praza.

Mentres as instalacións non funcionen de novo a pleno rendemento, non se cobrará ningún tipo de cuota.

Aproveitamos para desexarvos todo o mellor en este momentos tan difíciles.

Non esquezades a importancia de tratar de facer a actividade física que as nosas circunstancias nos permitan.

Recibide un cordial saúdo de todos os traballadores das instalacións.

BANDO CORONAVIRUS PADRON

PECHE DAS INSTALACIÓNS PARA LOITAR CONTRA PANDEMIA

Seguindo indicaciones da autoridade competente, dende mañá venres 13 de marzo e por un prazo inicial de 15 días, as instalacións da Piscina e o Ximnasio Municipais permanecerán pechadas como medida para evitar a propagación do Covid-19.

Xúntase o bando que recolle esta e outras medidas e recomendacións.

-foto coronavirus

RECOMENDACIÓNS PARA EVITAR A TRANSMISIÓN DO COVID-19

Ante a situación de propagación do Coronavirus Covid-19, debemos seguir as recomendaciones do Ministerio e a Consellería de Sanidade.

A Información baseada na evidencia científica que transmiten é a seguinte:

– O CORONAVIRUS COVID-19 TRANSMÍTESE POR CONTACTO ESTREITO CAS SECRECIÓNS RESPIRATORIAS QUE SE XERAN CA TOS OU O ESBIRRO DE UNHA PERSOA CONTAXIADA

– ESTAS SECRECIÓNS PODERÍAN INFECTAR A OUTRA PERSOA SE ENTRASEN EN CONTACTO CO SEU NARIZ, OLLOS OU BOCA

– É POUCO PROBABLE A TRANSMISIÓN POLO AIRE A DISTANCIAS DE MÁIS DE 1 OU 2 METROS

– OS SÍNTOMAS MÁIS COMÚNS SON: FEBRE, TOS E SENSACIÓN DE FALTA DE AIRE

– O 80% DOS CASOS PRESENTAN SÍNTOMAS LEVES

Xa que nas instalacións da Piscina e o Ximnasio Municipais, en certos momentos podemos coincidir con outros grupos de persoas persoas, debemos seguir as seguintes recomendaciones:

– LAVAR AS MANS FRECUENTEMENTE CON AUGA E XABÓN ANTES E DESPÓIS DAS ACTIVIDADES

– TOSER OU ESBIRRAR TAPANDO A BOCA CON UN PANO OU O CÓBADO

– EVITA TOCAR OS OLLOS, NARIZ E BOCA, XA QUE AS MANS FACILITAN A TRANSMISIÓN

– EVITAR O CONTACTO FÍSICO (DAR A MAN…)

– TRATAR DE MANTER UNHA DISTANCIA DE 1 M CON OUTRAS PERSOAS

– NO XIMNASIO UTILIZAR A TOALLA INDIVIDUAL E MANTER SEMPRE O CONTACTO CON ELA

– AS PERSOAS CON SÍNTOMAS DE RESFRIADO, GRIPE, TOS, FEBRE OU PROBLEMAS RESPIRATORIOS DEBEN EVITAR ACUDIR ÁS INSTALACIÓNS ATA QUE REMITAN OS SÍNTOMAS

Recorda:

– A SUDOR NON TRANSMITE O VIRUS

– FACER EXERCICIO MODERADO E MANTERSE EN FORMA AXUDA A MANTER MÁIS ALTAS AS DEFENSAS

– NON SE RECOMENDA FACER EXERCICIO MOI INTENSO PORQUE PODERÍA REDUCIR AS DEFENSAS

FOTO MONITOR PADRON

AMPLIACIÓN HORARIO

A partir do día 2 de xaneiro, as instalacións (piscina e ximnasio) estarán abertas os martes e xoves ó medio día para os aboados. De este xeito, eses dous días poderase acceder ininterrumpidamente dende as 8.00 ata as 22.45 h

Para acceder os martes e xoves entre as 13.00 e as 16.45 h será preciso acudir previamente á recepción para rexistrar a pegada dixital, xa que será necesaria para acceder en ese horario.

A partir do día 2, pocos aboados poderán abrir a porta das instalacións ca súa pegada dixital no dispositivo situado no exterior. Unha vez dentro, deberán rexistrarxe pasando a súa tarxeta no lector da recepción como viña facendo ata agora.

Este horario do medio día só estará disponible para aboados.
En ese periodo non será posible adquirir entradas por libre, ou realizar xestións na recepción, xa que esta permanecerá pechada.

Pola seguridade de todos os usuarios, o sistema de cámaras de seguridade funcionará con normalidade.

FOTO FESTA ACUATICA PADRON

FESTA ACUÁTICA DE NADAL

A tarde do vindeiro sábado 21 de decembro, todas as nenas e nenos usuari@s das instalacións, están invitados a participar na Festa Acuática ca que daremos a benvida ó Nadal.

O acceso será de balde para tod@s @s nenas e nenos usuarios entre os 3 e os 14 anos:

– Natación Escolar
– Cursos infantís
– Cursos de nenas
– Aboados

@s nen@s de 3 a 6 anos deberán participar acompañados pola nai ou pai.

É preciso inscribirse na recepción.

Esa tarde a piscina non estará habilitada para o nado libre.