Novas
ACTUALIZACIÓN DE TAXAS (6-4-2022)
O pasado 31 de marzo, o Pleno do Concello de Padrón, aprovou a actualización das Taxas polo servizo da Piscina Municipal do Souto. Esta actualización prodúcese despois de 6 anos sen modificacións. O incremento é inferior ó do IPC acumulado. O anuncio está publicado no BOP: ORDEANZA FISCAL REGULADORA DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NAS INSTALACIÓNS […]PASAPORTE COVID PARA ACCEDER ÁS INSTALACIÓNS (17-12-2021)
Según a orde do 14 de decembro de 2021 (Doga 241, venres 17-12-21) polo que se establecen medidas consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para acceso a determinados establecementos. As persoas maiores de 12 anos para acceder ás instalacións, deberán dispoñer de un certificado emitido polo servizo público de […]APERTURA GRADAS PRIMEIRO TRIMESTRE (1-12-2021)
Durante a semana do 13 ó 18 de decembro as nais e pais d@s alumnos, poderán acceder ás gradas das instalacións durante os últimos minutos de cada sesión. Para manter o aforo reducido e a distancia de seguridade entre as persoas, só poderán acceder dúas persoas por alumno.
Actividades

Acuaxim
Ximnasia na áuga ó ritmo da música. Mellora a túa condición física e a túa coordinación. Exercicio físico divertido, motivante e sen impacto. Axeitado para protexer as túas articulacións.

Running
Correr é un estupendo complemento da condicion física, xa que mellora a eficiencia cardiovascular. Corre baixo a supervisión de un monitor para corrixir ou mellorar a túa técnica. Faino en grupo para manter a motivación.

Triatlón
O deporte máis completo. Para nenas e nenos a partir de 11 anos. Actividade que combina a natación, a carreira e a ciclismo. Aprendizaxe técnica realizada de forma segura.

Natación para bebés
Actividade conxunta da nai/pai co seu bebé orientada polo monitor. Estimulación precoz do teu bebé no medio acuático. Desfruta da auga ca túa filla ou o teu fillo.

Natación sincronizada
Iniciación e tecnificación e un deporte acuático que combina a natación a danza e a expresión corporal. Para nenas e nenos

Adestramento aguas abertas
Grupo de adestramento orientado ó perfeccionamento das técnicas de natación e a orientación de estas ás particularidades do nado en espazos abertos.

Abdominais
Acadar un bo tono abdominal vai moito máis alá de ter un ventre plano ou musculado. Manter un bo equilibrio da pelve a través de exercicios axeitados, permitiranos evitar problemas físicos, e acadar unha boa saúde postural.

Adestramento funcional
Unha variada combinación de adestramento en suspensión, forza, flexibilidade e coordinación mediante exercicios dirixidos.
Subscríbete


Piscina
A Natación vén gañando popularidade nos últimos anos, non só por os seus beneficios para a saúde, senon tamén porque se adapte ás cualidades de cada persoa e é axeitado para calquera idade.
Ler máis

Ximnasio
Deixou de ser un lugar onde só ías a queimar calorías e pasou a ser un clube onde atoparse cos amigos para pasar un bo tempo, sentirse mellor... calquera motivo é bo se ó final consegues gañar saúde e benestar.
Ler máis

Normativa Xeral
O seu cumplimento promoven a convivencia, respecto mutuo e tolerancia no interior da piscina, ximnasio e nas zonas adxacentes. Son regras de obrigatorio cumplimento.
Ler máis